Martes 31 de Agosto do 2010

acción de ferreiro - celanova 29 agosto 2009

http://vimeo.com/14555921


Escribiu: Elisa ás 20:33:04

Venres 20 de Agosto do 2010

Historias 12. David e os múltiplos resistencia vida e pensamento.


David e os múltiplos resistencia vida e pensamento


1. os días, enlaza con 3 os traballos


As criaturas son oscalquera, pouco a pouco elas chegaron a diferir a decisión, non por falta de vontade ou por carecer da idea de poder, se non sinxelamente por que optaron pola preferencia de non facer, de non ter que dividir a acción.

Logo se ían saír movidas e desencadradas nas placas, os poucos, pensaron en que definitivamente ían non só optar por non facer se non tamén en desaparecer e polo tanto en que non se ían deixar impresionar polo arte das escrituras.

Definitivamente marcharon, esfumáronse e deixaron o carrete a salvo da despótica dictadura do significado.

O diagrama di: pensar sen culpa, sen razón, sen logos, sen significado despotico; acaso nas marxes ou acaso pensar o porvir a partir da descousificación do valor de uso?


2. aresistencia preferiría non facelo


Pero non facer o que?

E de que maneira ó nós pensar as relacións que se dan na preferencia a non facer alteramos a paz do múltiplo preferiría non facelo?Entón por que insistimos na manía da escritura, por que seguimos a pensar nas criaturas que dende o primeiro paragrafo desta escrita decidiron marchar?E por que a partir das maquinas de escritura e preciso facer, procurando iso sien non danar as criaturas cando as recollemos, cando nos recollemos no instantedos berros?E por que é ou semella que é sempre a partir dos berros que pomos en marcha esta maquina de guerra a que chamamos escritura e que dalgún xeito intensifica as relacións e pon en marcha o pensamento dos outros negros na táboa cerada?


3. os traballos enlaza con un os días


Daquela literalmente as luvas as grampadoras os parasoles e un longo etc. agrupouse ó redor dunha comuna por vir.

Pesabamos que elas ían mostrarnos o camiño, a ruta, pero ó elas marchar o mundo colleu outra complexidade, a maiores dos berros apareceron os murmurios, o camiño liberouse por efecto dos corpos mutados, do significante amo. A deconstrucción do real por mor da acción dixo: estou aquí, estou aquí, estou aquí sen tan sequera con marcas leves de tatexo.

A conciliación sábeno ben elas sempre é unha imposibilidade continxente, as artes situaban alí na superficie dos berros esa verdade, esa sensibiliadade. Por iso elas antes demarchar preferiron mutar a situación.


4. as criaturas somos nós no afora de nosmesmos.


Preferiría non fálelo se a placa de placas impón o sentido.Desbórdome sobre a placa a partir do tatexar que incorporan os berros, escoito os berros que desbordan a placa, a fita devén impresión, o literal da emulsión, o literal da luz que entre-con-cruza no quiasma, as velocidades do sentido. O literal non se detén.

Para que unha imaxe acade movemento ó se producir o quiasma da banda da espectadora polo entrecruzarse da experiencia do seu corpo e a velocidade ca que a aquel chega aluz preciso de 24 imaxes.

Cada imaxe emite un movemento, un tempo, unha des - conexión, unha dis - continuidade de afectos. Ese intermedio, ese entre das criaturas que non cesa de producir variacións no percepto. Escribe Deleuze: fai falla unha aguda percepción, boa vista e bo oído, (...) un "percepto", é dicir, unha percepción mutante en lugar dun concepto.


5. cargar ca pena sen ter a culpa - Nietzsche


E! como arranxo eu todo este barullo, se xa o eu e un outro calquera.

Para tratar co mundo, as criaturas non cesan, pois, de producir afectos. O mundo insiste e incorpora as mutacións e pon a cada corpo en escena. O meu corpo repite e difire a anunciación do afora para el ser afora. E se é que repite e difire o mundo é por que se estraña da fenda que se instala na permeabilidade múltiple ca que trata. As fendas dicíamo o outro día son entres polos que pasan fluxos de merda, de seme, de moeda, de política.

Entón e cando penso nas criaturas e as procuro achegar ós muros das carceres, ós paneis, a paxina por filmar do DISENSO. O canto dos paxaros acariña a afectación que producen os berros, préstalle a violencia do mundo un pouco de pan e de auga fresca. Así vanse facendo audibles e visibles os restos do afora que produce o eu descomposto pola mutación das criaturas que parece voltaron dos archipielagos.

E é por que estas situacións se dan na cabeza de David que David ten no seu corpo un TALLER onde carga ca pena sen ter a culpa, ca razón sen ter razón, co logos sen ter logos eco significado despótico sen el ser un déspota.


6. Filmar, escribir, pensar con imaxes.


Pensar algo, pensar unha habitación calquera, pensar unha tixola calquera, un taller calquera, unha tixola un cuño un peón un paso de peóns calquera, un cuter unha grampadora literalmente un fotograma de Bergman.

O que tratamos de pensar son as relacións que percibimos cando se da unha certa inclinación o nós nos inclinar cara algún outro calquera. Porque ó nós nos inclinar inclinámonos moitas veces.

Pois, cada vez que achego a lente ó globo ocular teño ocasión de desviarme, de desviar as regras, as leis do campo onde opera o eu e a lente e o globo ocular e a luz e as criaturas e o virtual dunha memoria absoluta.





DAVID CASTRO 17/06/2010 Obradoiro obxetor

Onde se fala e se propón unha análise das cuestións xurdidas no pasado "taller obxetor": os múltiplos preferiría-non-o-facer , formas de diverxencia na presentaciónde xestos e obxectos no audiovisual, e a importancia do vivo , da resistencia .

Escribiu: Elisa ás 02:52:46

Venres 13 de Agosto do 2010

Hiatorias 11. CLARO MELLOR DESCONTROLADAS QUE INSTITUCIONALIZADAS


CLARO MELLOR DESCONTROLADAS QUE INSTITUCIONALIZADAS


O que máis nos interesa de Genet son os corpos, máis tamén a súa propia experiencia de vida, a súa resistencia o como el puido entender a idea de revolución.

Elisa, do Caderno azul, un retrato de Rober Bass e Leo.


ESCRIBIR CONTRA A CANALLA.
Deconstruir o panoptico, Querella ou o eloxio do amor.


1. Gilles Deleuze: Un libro é un pequeno engrenaxe dunha máquina exterior moito máis complexa. Escribir é un fluxo entre outros, sen ningún privilexio fronte a eses outros, que mantén relación de corrente e contracorrente ou de remuíño con outros fluxos de merda, de esperma, de fala, de acción, de erotismo, de moeda, de política.


Pouco a pouco, experimentamos cómo Querella – no interior xa da nosa carne – medraba, desenrolábase na nosa alma, nutríase do mellor de nós mesmos, e en primeiro lugar da nosa desesperación por non estar nós dentro del senón de levalo a el dentro de nós. (...)
A escena que imos relatar é a transposición do acontecemento que nos revelou a Querella. (Falamos aínda deste personaxe ideal e heroico, producto dos nosos amores secretos) Sobre esta acontecemento podemos dicir que foi comparable á Anunciación. Sen dubida, non foi ata moito tempo despois de ter lugar cando o coñecemos como un acontecemento “preñado” de consecuencias, pero xa ó vivilo fomos sacudidos por un estremecemento anunciador. En fin, para que vos resulte visible, para que se converta nun personaxe de novela, Querella ten que ser mostrado fora de nós mesmos. Coñeceredes, pois, a beleza aparente – e real – do seu corpo, das súas actitudes, das súas fazañas, e a lenta descomposición de todo elo.

¿Que corpo novo ía ser o seu?


2. Roland Barthes escribe: O pracer do texto é ese momento no que o meu corpo comeza a seguir as súas propias ideas – pois meu corpo non ten as mesmas ideas que eu.

Cara o final do rizoma que compón co mundo Querelle e con posterioridade a toda a escena que situara ó heroe da novela de Genet tanto como ó a do filme de Fassbinder pronto a devir nunha maquina de guerra outra, Querella sae do bordel a Feira non se antes dirixirse a Mario e a Nono co saúdo nazi. Este acontecemento sitúa a Querella en disposición de recibir o amor do oficial Seblon.

Só coñecera a paz cando foda conmigo, pero de tal maneira que téndome enxertado, consérveme, deitado sobre os seus muslos, como conserva á Xesús unha “Piedade”

Genet e segunramente as lectoras deste marabilloso libro, durante a totalidade do relato ese - acontecemento “preñado” de consecuencias – pensamos deconstrue(n) o artefeacto de control esto é as redes estratéxicas de poder – saber que orientan eso que o meu corpo (Barthes) comeza a non seguir, a vez que permítenos a nós (as lectoras) que en teoría andamos fora da historia a visualización dunha proliferación de afectos escasamente perceptibles sen esa ferramenta de traballo luminica.

A vixilancia panoptica, reverte aquí deconstruida, ferramenta outra, o amor que o oficial Seblon garda por Querella, axúdao a el a Seblon a deconstruir a maquinaria de control e punición sobre o mariñeiro Quérella (marca de clase), pero tamén a alóxalo a el ó OFICIAL da función de policía, escribe Genet:

Sentíase feliz por non ter caído no desexo de castigalo. A partir dese momento alongábase do policía. Alongábase daquel orde que tiña respectado en exceso.

Se este é o caso, podemos pensar que o tenente Seblon polo seu amor deica o mariño e pola súa inclinación sexual que vai fora da norma para un oficial non menos que para un obreiro o caso de Gil. Achega esta nova fronte de guerra que non trata ca idea do control e a captura do outro, se non que opera sinalando as marcar que o outro – nazi, que o outro policía, que o outro estado fai caer sobre unha totalidade de corpos en estado de infancia (escola, taller, hospital, cárcere...).


3. Michel. Foucault recolle en V e C das características esencias do Panoptico, invento arquitectónico que Jeremy Bentham publica en Dublín en 1791 co titulo (O panóptico, ou a casa de inspección, aplicable a calquera clase de establecemento, na cal toda clase de persoas mantéñense baixo inspección. Foucault escribe: O principio é coñecido; na periferia, unha construcción en forma de anel; no centro, unha torre con grandes véntanas que se abren deica a cara interna do anel; a construcción periférica está dividida en celas, cada unha das celas ocupa todo o ancho da construcción; teñen dúas véntanas, unha deica o interior, correspondente a véntana da torre; a outra, que permite que a luz atravese a cela de lado a lado, hacia o exterior. Basta entón con situar a un vixilante na torre central, e en cada cela fechar a un tolo, un enfermo, un candeado, un obreiro ou un escolar. Por efecto do contraluz, poden divisarse dende a torre, recortándose exactamente, as pequena siluetas prisioneiras nas celas da periferia. Tantas celas como pequenos teatros...”

Así a escrita de Genet introduce e trae a primeiro plano o saber co que opera o poder, as estratexias cas que comprime e atasca os corpos. Achéganos pois frontes de guerra, forzas que resisten o peso da violencia que produce o corpo social ó pensar aquela.

Expresións que non eran articuladas dunha maneira clara, senón tatexadas máis ben con voz xorda e como no seu interior, sen chegar a percibilas. Ö non ser proxectadas tales expresións, a linguaxe de Querella non servía, se podemos dicilo, para iluminalo con máis claridade, para perfilalo. Pola contra, parecían entrar na súa boca, amontoarse dentro del, sedimentarse alí, formando un bulleiro mesto dende onde elevábase de cando en vez unha burbulla transparente que rebentaba deliciosamente nos seu labios. Tíñalle agromado unha palabra de xerga.

Con Rubem, unha palabra bastarda.

Genet escribe Querella de Brest no ano 1953. Se pensamos nas visualizacións, as luminosidades que estende por toda a novela a partires da proliferación de acontecementos que se dan nas marxes tanto como nos centros estratéxicos do poder. Prodúcese en nós un salto, unha mutación da percepción do mundo, unha memoria outra que posibilita ou cando menos abre os posibles para vivir doutra maneira, para outra en definitiva saúde dos corpos.

Saude onde as superficies do AMOR vencen logo dun trato entre iguais contra a CANALLA ó igual que vence Venecia ao facer rizoma cas augas e levantar un corpo colectivo de superficies.

4. Judith Butler, en fin Judith Butler escribe no Prefacio (1999) ó seu libro O xénero en disputa: Medrei entendendo algo da violencia das normas de xénero: un tío encarcerado por ter un corpo anatomicamente anómalo, desprovisto de familia e de amigos, y que pasou o resto de seus días nun “instituto” nas praderías de Kansas; primos gays que se viron obrigados a abandonar o fogar pola súa sexualidade, real ou imaxinada; a miña propia e tempestuosa declaración pública de homosexualidade ós 16 anos, e o subsecuente panorama adulto de traballos, amantes e fogares perdidos. Todo esto someteume a unha forte condena que me marcou, pero, por fortuna, non evitou que seguira buscando o pracer e insistindo no recoñecemento lexitimador da miña vida sexual. (...)
O empeño obstinado deste texto por “desnaturalizar” o xénero xurde, penso, do desexo intenso de contrarrestar a violencia normativa que traen as morfoloxías ideais do sexo, así como de desarraigar as suposicións dominantes acerca da heterosexualidade natural ou presunta que se fundan nos discursos ordinarios e académicos sobre a sexualidade. (...)
Obedece (pois este empeño) a un desexo de vivir, de facer a vida posible, e de replantexar o posible en canto tal. ¿Como tería que ser o mundo para que o meu tío vivira en compañía da súa familia, dos seus amigos,ou dalgún outro tipo de parentesco ampliado? ¿De que forma temos que replantexar as limitación morfolóxicas ideais que recaen sobre os seres humanos de modo tal que quenes se alongan da norma non se vexan encadeados a unha morte en vida?

Chegadas ata aquí, os parabéns son para Rubem non menos que para TRANSMARIBOLLERAS polo seu empeño continuado e amable de andar sempre cerca, cerca de pensar o AMOR a partir dun trato entre iguais e polo tanto sempre dende unha ferramenta do corpo e da intelixencia que traza unha tremenda des posesión do un para levalo ó outro ós outros.

Remato
dispositivos de poder deconstruidos polo escravo, polo enfermo, polo tolo, polo condenado, polo obreiro, polo escolar... polo preso, polo traidor, polo marica, polo prostituto, polo activista pos-colonial...
SEN DUBIDA NINGUNHA ROSTROS DO DESEXO EN GUERRA
Bicho Bola canta para Maribolleras eu son loli, eu son loli, eu son loli...
O amor que prende en Quérella queda claro que non é deste reino / da CANALLA NAZI NEN PAPAL.
O seu é un amor que parte dun desexo violento que ó se adentrar de primeiras no seu corpo o fortalece o fai intelixente e capaz de amar o afora e a el mesmo dende ese afora re-territorializado en innumerables guerras. Maquina de guerra que mostra que a lei non é nin un estado de paz nin o resultado dunha guerra ganada: é a guerra.


O oficial Seblon escribe:

Que alegría de súbito! Son todo alegría. As miñas mans maquinalmente ó principio, debuxan no espazo, a altura do meu peito, dous seos de muller que parecían enxertados alí. Sentíame ditosa. Repito o ademán e coñezo a felicidade. A verdadeira plenitude. Estou colmado. Mellor: estou colmada. Empezo de novo. Acariño ambas tetas de aire. Estaba naquel momento apoiado na borda, pola noite, fronte ó mar aberto. Oía o rumor de Alexandría. Acariño os meus seos, as miñas cadeiras. Coñezome as nádegas máis redondas e máis voluptuosas. Teño a miña espalda Exipto: a area, a Esfinxe, o Nilo, os árabes, os bairros prohibidos, a aventura marabillosa de ser a que son. GUSTANME CON FORMA UN POUCO DE PERAS.




RUBEN CENTENO 10/06/2010
Rostos do desejo em guerra: umha leitura política e bastarda de Jean Genet

Atravessar todos os rostos, todas as margens, desde a Rote Armee Fraktion aos chulos argelinos do Pigalle. É possível articular umha proposta política desde a escrita de Jean Genet? De onde parte para enfrentar-se ao mundo? Presso, traidor, marica, prostituto e activista pós-colonial, Genet pratica umha maneira original de viver sem ser assimilado, onde a estética do abjecto e a poética como política constituem o reverso estratégico dumha sociedade despreciável.

Escribiu: Elisa ás 04:25:34

Mércores 04 de Agosto do 2010

Historias 10. Paula e a insistencia das imaxes


Paula e a insistencia das imaxes

Peter Hutton contesta a unha pregunta sobre cine mar e mariñeiros:

Noite tras noite. Ó final, os ollos comezan a ver cousas que non imaxinaba que puideran ser visibles: o reflexo das estrelas na cuberta, a exposición do plancton fosforescente sobre a superficie da cabina ... Ó insistir, as cousas fanse visibles.

Suliño insistir, ó insistir as cousas fanse visibles.

Sigo:
Arqueoloxía e dispositivos. Cousas, que cousas!
Relacións de poder
Condicións materiais
Forza de traballo
Mercadoría(s)
Medios de producción
Exercicio de estratexias

Medios de producción que no caso que nós ocupa son publicamente públicos.

Pero que publico
Pero que di aquí publico, cal é o desgaste do publico, ó tempo cal o desgaste d+s operari+s que traballan de cara ó publico?
Cal é a súa capacidade de resistencia?
A súa, a nosa? A dos operari+s, a do publico?
Que resistencias?
Un publico stressado, competitivo, glamouroso, rutinario?
Uns operari+s no mesmo estado e animo?
Diariamente os uns e os outros expostos as rutinas non xa dun traballo alienado senón dun lecer de espectáculo – espectacular - espectacularizado?

Pero cales os dispositivos de resistencia e mudanza contra esta “ordenanza” das mercadorías que implementa o formato t.v.?

O problema da hexemonía, pero tamén da crise da hexemonía do medio tv e a crise dos medios, a olímpica crise cíclica do sistema falo-logo-centrado.

O problema dos medios de producción o problema dos mass media e de vez o problema dos corpos que traballan nos mass media dobremente afectados: por operari+s e por potenciais espectadores espectacularizados.

Mais, se pensamos en determinados ESPAZOS da intelixencia.

Por que sabemos da IRMANDADE DAS IMAXES algún porko tería de atravesar a nosa arqueoloxía.

Aínda “adulto” sigo a ser un socio máis do Xabarin.

E, porén a parkarta brech non se agota e insiste :

Coidade da intelixencia, votádelle carniza e pedra a vosa forza de traballo, que non vós rouben as mans cas que amades, tede logo conta da difícil pregunta acerca do que é extenso e do que é cogitante, non vai ser que o pelikano trace nas veas da pantalla outra volta o plus-valor atento ós tópicos.

Logo a pregunta, é baixo o control dunha(s) rede(s) falo-logo-centrada(s) interesada en que as cousas non muden baixo a que se produce un informativo?

Xosé Luís Méndez Ferrin escribe en Contra maquieiro


PROLETARIO
NON O ESQUENZAS, UN PELICANO DORME NA PANTALLA.


Pero, entón quén é o pelicano: Berlusconi ou Feijoo?

Insistimos, agora, no plancton fosforescente e tamén na irmandade das imaxes!

O falar de Paula, pensamos trata de pensar esa multiplicidade estratificada, productiva que alenta os medios pero que os propios medios tratan de ocultar.

E É por que todos os días son diferentes que todo informativo ten que ser un risco. E, por que todos os días son diferentes, hoxe ata as escrita(s) outro que outro chega Paula sete horas antes, proletaria, productora, precarizada polo plus – valor capitalista.
Pero insistimos:
proletaria e productora acaso nesas marxes do sistema onde o que in -forma deconstrue o medio no que opera, e insiste - ó igual que o plancton fosforescente sobre a superficie do barco - no arqueolóxico da producción de imaxes.





PAULA PEREZ 03/06/2010Sete horas antes
Durante as sete horas previas á emisión dun informativo en directo en calquera televisión do mundo acontecen moitas cousas.Son sete horas de decisións, carreiras e dúbidas para os máis de cen profesionais que traballan, cada día, contra o reloxo. Un inferno de stress e competitividade? Un mundo cheo de glamour? Non sempre. Entre a rutina do traballo diario e o mito televisivo hai sete horas de realidade.
Sucede todos os días. Pero todos os días é diferente.Así se fabrica un informativo.
Escribiu: Elisa ás 03:40:32

Sábado 31 de Xullo do 2010

Hitorias 9. O desexo - o desexo é un campo de exterminio


O desexo - o desexo é un campo de exterminio


Entender a nai e entender a filla supoño que supón pensalas, a elas cada unha outro, e pensalas nas conexións que atravesan para caer sobre os nosos corpos.

Se ti non foses aí no percutir do meu eu que apenas se asoma se estraña do outro non habería Mundo.

...

Corpos sobre - determinados.
Se partimos da idea que tod*s nós portamos corpos sobre-determinados, clase, familia, educación, pais, guerra(s) ... E sabemos que toda determinación activa unha violencia.
E entendemos determinadas derivas ou migracións a partires de determinadas determinacións cara ó outro.

A pregunta é: nalgún momento do tempo historia deixou de ser este un teatro da crueldade?
E tamén é nun teatro da crueldade onde se da o amor?

...

Máis sobre a Pianista.

Si, proliferación de outros e tamén a proliferación do ausente que se da ca chegada que me tras – torna.

Unha marca – case - un corazón da intelixencia.

O outro que chega é ela a pianista cando trata de entrar na cabina do pornografo e é observada pola policía.
Corpo que busca e non se detén nin detén chegada ningunha.

A PIANISTA son ferramentas para pensar a violencia. E polo tanto a política.
Ferramentas dende e por o corpo que viven atentas a determinadas fendas que no caso son tan políticas como vitais (en fin como se a vida non fose unha política).

Esta historia, este tema o temos que pensar así tamén en Lopo en Adila en Alicia en Miriam en Sylvia en Slavoj en Luisa o que tran son ferramentas para pensar o choque violento que porta o peso do outro.
UNHA SENSIBILIDADE E POLO TANTO UNHA ESTETICA E POLO TANTO UNHA POLITICA E POLO TANTO UN DISENSO

Entón máis que mancar que tamén TRAN as PALABRAS para outra saúde para outra sexualidade para outra literatura para outra arte para outra política.
Para quizás outra CRUELDADE?




The end.

1.b Gonzalo

Os bombardeos e a imposibilidade das cartas sen marcar. Logo esta im - posibilidade que posibilita a chegada do exceso, das marcas de texto, e da mancha no chan da cociña para que ti me fales e para que eu para ti cociñe.

Papá xa ves a sobreproximidade do desexo + a angustia do outro deitome aquí neste campo de exterminio arrodeado desta memoria * pre-natal * desbordada * de-construida * querr proxima e situada a un golpe seco a unha pedrada.





20.05.2010 / gonzalo hermo /Palabras que mancan: sensibil lidade masoquista e poesía-Outra/
O masoquismo como práctica de escrita enmarcada na diferenza. Unha posibilidade de lectura contestaria a partir da psicanálise lacaniana e a Teoría Queer. Palabras-chave: Slavoj žiek, sobreproximidade do desexo, Antón Lopo, Michael Haneke, angustia do Outro, escrita-Outra,
Miriam Reyes, Adília Lopes, Sylvia Plath.

Escribiu: Elisa ás 05:05:29

Venres 23 de Xullo do 2010

Historias 8. TESES PARA UNHA LECTURA PUNK DA SITUACIÓN ACTUAL DA LOITA DIARIA DA LOITA FINAL MÁIS UNHA CANCION DE AMOR


Unha tarde faloume Begoña:

- sabes estou a escoitar discos do Neil Young, e sabes penso que debo aprender a cantar.

PANKARTA BRECHT.:

“NON CONECTAR CO BON TEMPO PASADO,
SENON CO MAL TEMPO PRESENTE”


TESES PARA UNHA LECTURA PUNK DA SITUACIÓN ACTUAL DA LOITA DIARIA DA LOITA FINAL MÁIS UNHA CANCION DE AMOR

onde colocar o tocadiscos
os desbordamentos sinápticos da kabezota do leo
o sofá o bar a diskoteka

1. o punk es ti.
2. unha inversión dos ritmos
3. unha de (s) (cons) trucción do condicionamento existente
4. a caosmosis cando me falas do funcionamento do nervio ótico e o cruce do quiasma
5. o punk son as orellas dos burros

as situacións dos suxeitos parlantes
as leis do mercado
a roupa sen lavar

6. as hortas que resisten nos arredores de Mátama e as mans que as sosteñen e toda esa terra neghra que emporcalla a lei capitalista e burguesa que espectaculariza as mercadorías
7. unha necesidade soñada socialmente
8. as greves da fame cada pouco día - día tras día ata a canción pan! pam!! punk!!!
9. todos e cada un dos versos do reclamo a liberdade pró o meu pobo

as cores
as frases comúns
os días os saúdos e as carpas dos cirkos

10. o punk é un acontecemento.
11. un socialismo UNHA INTERNACIONAL

cando pensas nalgúns animais que deixan o seu rastro ó pasar pola beira rúa pensas nos caracois e tamén e tamén e tamén nos calamares. O punk é unha marca unha agrupación de caracaois de calamares.

12. unha revolución
13. unha prolongación diaria da liña de universo colectiva
14. un estado de excepción solidario dos outros asasinados

teño un camarada que escrive “non mil primaveras se non mil vienans”

15. poder facer o tonto ou a tonta con alguén, e que ise alguén saiba que estas a facer o tonto ou a tonta
16. a trompeta do elefante...”

MOITAS LAURAS CANTANDO O ORTIGHEMONOS TODAS É A LOITA FINAL

bio-transportados polos nosos corpos
polas nosas condicións materiais vida
pola excelencia das nosas zapatillas

ISO CHÚPALLE AS DESORDES A CARNE DOS ESPAGUETES
CACHUCHA DE PORKO MOTOR LOVE

Adolfo dunha volta estiven na túa casa.

Dunha volta estiven na túa casa, Adolfo. Nos quince minutos que tardamos en chegar, en coche, dende o portón á vivenda, Adolfo, deume tempo de pensar. Comparaba as hectáreas do teu predio co metro cadrado dos talleres en que Miñanai traballaba para ti. Adolfo.

PANKARTA BRECHT.:

“DE TÓDOLOS XEITOS, A LOITA DE CLASES EN LUGAR DUN TRAIDOR, UN DECADENTE O UN MALVADO”


Adolfo pan! pam!! punk!!!





LEOARREMECÁGHONA06/05/2010Pan!,pam!!,punk!!!
O punk non é un estilo. Non é unha música, unha roupa, uns textos. O punk é unha actitude e a última das vangardas do século XX, herdeira de dadá e os situacionistas, como escribe Greil Marcus. O punk transfórmase e rebenta en moito máis de sete estralos. Dálle a volta á tortilla da arte subida ao trono, para as elites. A arte é un tesouro que nos foi roubado. Non é dedicarlle a vida á arte, senón que a arte nos faga libres. A poesía non é de quen a escribe, senón de quen a goza. O punk rock repártelle kalashnikovs ao pobo en forma de guitarras eléctricas. A Internet é o último chanzo da revolución punk, que comezou cando Duchamp lle deu a volta a un mexadoiro e lle chamou Fonte.

Escribiu: Elisa ás 04:09:12

Martes 20 de Xullo do 2010

Historias 7. a revolución vive nas prolongacións diarias das liñas de universo

A canción da carreta, Sande e a proliferación do bufón ó longo da idea
a revolución vive nas prolongacións diarias das liñas de universo.


Pero o día a día impon a pregunta: POR QUE SE DE-PORTA A UN PALLASO?

Entón será a viaxe, o carrete é os moitos desbordamentos da idea que portan o que lle de corpo ó propio das viaxeiras.

Así a carreta dos cómicos non trata de que veña o ACONTECEMENTO
a victoria final.
Pois aquel o ACONTECEMENTO, xa eles o saben, é a propia carreta onde os moitos calquera van xuntos.

Non disimula o bufón na lectura que tira da revolta, da farsa e da frustracións, da ruptura da orde histórica cando da a cara contra un inimigo sempre interesado na finalidade da Historia como repetición do comezo.

Entón o que vai cando a escritura e os modelos de narración e os dispositivos formais e as traxectoria singulares carreta o sentido a vez que o paradoxo dos corpos ciscados sobre a superficie lixeira da terra.
Cando se ten estudiado a historia, un séntese “feliz, por oposición ós metafísicos, de levar nun si mesmo non unha alma inmortal, se non moitas almas mortais”

Mais a que vive atento este estudio.

Diranos a operaria da fabrica téxtil
- Ás marcas que desenrolan na viaxe as rodas infinitas das liñas de universo, a loita diaria da loita final, finalidade sen fin nun exercicio emancipado e revolucionario onde o outro que somos da voltas no corpo da idea guiado pola intelixencia da imaxinación que humorea.
Diranos o bufón.





Pola contra as novas formas de escatoloxía constituídas a través das disonancias arte-política e a confrontación indisimulada entre o culto e o popular, fálannos dun interese político que xace nunha ideoloxía que non intervén se non é para a perpetuación das relacións amo / escravo.

Esta non só introducen nos corpos de producción a xerarquización que dende lonxe implica a división do traballo se non que tamén exerce sobre os mesmos corpos que altera con respecto as relacións de vida cos outros e con eles mesmos - unha superestructura xenocida onde acaen as divisións estanco culto / popular - arte / política -nun xesto que introduce non xa unha violencia brutal sobre os nosos corpos se non tamén un interese que trata de arraigar en nós ideas racistas, xenófobas, homofobas e clasistas.
Nese NÓS propio do eu que circula a penas estrañado do MUNDO.

Operación interesada en restar potencia as desterritorializacións que a caravana das carretas lanza sobre a propiedade privada e claro sobre a inviolabilidade da lei que sobre todas as cousas ampara a aquela.

Falase aquí dunha intención de feche, de subxección sobre o corpo enúnciate.
Mais, sabemos que esta a intención do CAPITAL non deixa de ser unha intención, a súa intención.

Fronte a esta a loita final, os corpos no mediodía da terra. E neste a idea, a carreta. O ceos que o facer rizoma ca terra trazan un fondo vermello.

En todo caso a guerra das mercadorías é a súa guerra, a súa neurose, a súa aberración.
Nós
resistimos e pensamos aquela aberración pois a día de hoxe a carreta, a casa das atochas vese trans – tornada a un campo sementado de minas.
Sabemos das disxuncións do tempo e ai regula unha memoria fértil que axunta aboas con netos ó través de HIJOS e que trae un espectro múltiple pois múltiples son os asasinados.
Este espectro, esta LIÑA DE UNIVERSO COLECTIVA diremos é en fin a función n-1 da carreta. A singularidade dunha autonomía do común
por onde camiña a viaxe do comediante.

JOSÉ MANUEL SANDE 29 / 04 / 2010A viaxe do comediante
As novas formas de escatoloxía constituídas a través das disonancias arte-política e a confrontación indisimulada entre o culto e o popular. Lecturas, revoltas, farsas e frustracións, activacións da memoria e rupturas da orde histórica, unha análise-recorrido por modelos de narración, dispositivos formais e traxectorias singulares. Selección dunha escolma de intres (escrituras fílmicas e/ou literarias, fragmentos musicais, elementos sensoriais) que arbitran -á procura dunha victoria final?- o conflicto entre o lúdico e o solemne.

Escribiu: Elisa ás 03:06:18

Xoves 15 de Xullo do 2010

Historias 6 historia de xiana e de xose carlos
historia de xiana e de xose carlos

un outro que chega no trato que trae a noticia de Xiana.

Esta vez e por fin, tiña ideado calar e quizás por calar non agradecer determinadas vontades de pensar ó outro.
Mais, o caso, este caso, esa chegada do outro que retrata á amiga.

A primeira noticia que tiven de Xoán Carlos foi unha imaxe, unha escritura, unha mancha de manchas onde el traza un re-trato da súa amiga Xiana, esta, a imaxe (que agora vedes na pantalla) dicía tanto do outro que me levou a pensar no outro que agochaba o retrato.
A pensar a partires dunha amizade o uso dun trazo que emporcalla superficies e que non exclúe se non que leva ó “glorioso” a violencia do mundo.



- Se o miras detidamente e ves os paos que conectan os asuntos, e miras tamén os ocos, e as fendas que os trazos abren na superficie. Podes caer na conta que sempre estas comezando a saber escribir de novo. Por que? Pois porqué pensas os paos e a fenda do trazo que te conecta ó corpo propiamente propio da escritura.

Non, dende o primeiro momento en que miramos Leo e máis eu o debuxo e alí as densidades da ablación do sexo da cadela, sentimos as dúas no levedar das marcas o vir atrevido do trazo ese xesto de articulación preciso entre nós e a escrita que compón as letras, o espazo entre as letras, a palabra e a mancha de texto.

Xosé Carlos introduce ao igual que Celan un xesto que vive na súa producción atento ó peso todo do pensamento que o emporcalla. O propio na deconstrucción que opera é un outro emporcallado.
O outro que de vez o emporcalla a el, é un outro colectivo, potencialmente comunista, marica, ate+, galleg+, negr+, obreir+ (porque pensamos tamén as letras e os paos que fan determinantes as letras ca mesma potencialidade que os corpos maricas, comunistas, ate+s, galleg+s, negr+s, enferm+s) potencialidade do trazo, marca que por comunitaria excede o posible. O posible dunha escrita, dun(ha)tipo-grafia onde o outro cando menos non é disolto, acubillado, torturado por unha lei que sempre di a identidade fora dos paos tortos e gloriosamente EMPORCALLADOS de realidade.

Soportes depósitos superficies textos mapas diagramas corpos

Eses desprazamentos dos que falas sensorialmente socialmente economicamente politicamente. Esas interrupcións dos fluxos, dos soportes de escritura mais tamén esa permeabilidade esa porosidade das superficies, esa dozura da deriva das augas sobre os corpos e dos corpos que bailan sobre a area das praias. Outra vez corpos nos corpos... Esa saúde.

Bar La flor

Mais, esta composición, este estar, este ser que tanto acorda as velocidades cas que traballa o cómico, el corporalmente no bar La flor. Pero que tanto acorda tamén a quietude atenta do campesiño e do estudioso do mundo.
O tipo que dinos do transvase, do ir do outro ó outro.
Do arco que recibe as letras para mostrar os enunciados.
Esta irmandade que iguala o soporte e a enunciación.
Mais, outra vez o levedar dos moitos outros que nós acompañan e fan que o que excede ó posible veña. Por que son os moitos outros os que a min me dotan da situación por que me falan, por que me tratan e neste caso me re-tratan dende a amizade.

Visita ao Panteón Tipográfico

«Escribo porque eles [os seus pais, mortos na segunda guerra mundial] deixaron en min a súa marca indelébel cuxo trazo está na escritura; a escritura é o recordo da súa morte e a afirmación da miña vida». Georges Perec

X. CARLOS HIDALGO

Percorrerase este espazo onde se depositan anacos da historia da escritura formal –da tipografía pero tamén e inevitabelmente da caligrafía e da rotulación– para explorar o trazo, ese xesto de articulación preciso entre nós e a escrita que compón as letras, o espazo entre as letras, a palabra e a mancha de texto. Á saída, tentarase pensar os sistemas de escritura artificial como instrumentos de normalización mais tamén de fendido.
Escribiu: Elisa ás 05:03:11

Sábado 26 de Xuño do 2010

O pracer do texto é ese momento no que o meu corpo comeza a seguir as súas propias ideas – pois meu corpo non ten as mesmas ideas que eu.


Escribiu: Elisa ás 04:56:47

Xoves 03 de Xuño do 2010

PALESTINA


con Edward W.Said.


O rapaz dixo: - Levamos lume e leña. Pero, ¿onde está
o año para o sacrificio?

De Moby Dick: ¡Chámademe Ismael¡


PALESTINA

.............................................

antes de que jesús marchase para a mongolia, traballaba
no proxecto de vivir nos territorios ocupados,
producir enunciados a partir de aí, desa vivencia que
por fin completaría iván.............unha guerra de
guerrillas..........................................

.......................................

é que o indignado cómputo de palabras
xa foi empaquetado,
encadrado, marcado a prezo de consumo
e xa nin sequera conta o que dicimos

........................................

sermos chaves
de oliveira

.........................................

sermos só dúas palabras
PALESTINA vence
seguro

........................................

así que eu tiraba do champaña do frigorifico e
agasallaba a jesús antes de que marchase,
e seguimos a ver a neve, a cousa aquela que enfriaba os planos,
que os desterritorializaba......................

........................................

contra esa maldita natureza, constituída por átomos
que choven tranquilos e repetitivos (sempre
acompañados, non obstante, da policía) -xa sexa diviña
ou humana, clerical ou laica-)... ata que unha forza
poética, un "clinamen" de multitudes singularísimas en
singularísima revolta, con actos poéticos, o rompe
todo, e transforma esa caída dos átomos nun acto de
amor............de poiesis colectiva........
vida - incorporación - traballo

...........................................

entre outras aventuras levadas a cabo por elvira aquel
último mes do ano 2037 contabilizamos, após dos
rexitros celulares e a inclusión do seu corpo nas
marcacións torturas 354 e 233 levadas a cabo polo
aparello represivo da cidade nova, o adestramento dun
pelotón de
pulgas...............................................

..........................................

jesús ficaba en mongolia, a guerra de guerrillas
estendérase por todo o planisferio...

.........................................

campo de exterminio
cárcere
manicomio
-negociacións de paz-

.......................................

BCDF
GHJ
MOQR
STXVZ

...........................................

en Bagdad-Vietnan, nas enmoquetadas serras afganas,
nas costas de Galicia, en Palestina.................

un corazón soña como as árbores soñan:

a seiva, o esquío ignoran o que eu coñezo: que o
bosque medra sobre os entullos dunha cidade
arrasada...

............................................

entón é cando decides ir vivir á cidade
Cremaster.......

.............................................

e vivir no sentido das dúas palabras dadas por antón
aquela tarde en Compostela

PALESTINA

vence

seguro.

..................................................................................................

Este post foi publicado xa aquí na bitácora escarlata por Zort o xoves 25 de marzo do ano 2004, as cousas van peor, pero seguimos co corazón indemne.
Escribiu: Elisa ás 04:37:59