Xoves 21 de Outubro do 2004

ESES ESPACIOS TAN CÁLIDOS ONDE A XENTE É TAN EDUCADA
4.: O espectáculo non é un conxunto de imaxes senón unha relación social entre persoas mediatizadas polas imaxes.

eses espacios tan cálidos onde a xente é tan educada...

todo é tan sinxelo cando paseas pola superficie das cousas, bastaría con chegar a nada á cidade de Bagdag, ou en arribar unha e outra vez aos horizontes infinitos que se explanan ao través da berberecheira pouco antes de prepararlle o almorzo *s gat*s...

os capítulos do Kapital dedicados ao "fetichismo da mecadoría" e os argumentos da Historia e conciencia de clase...

..........................

quedaraste durmido na viaxe e ao chegar non collerás un taxi e si pensarás nas fotografía de Marta Rosler sobre Vietnam, nas flores, e no fragmentado que se presentan as cousas após das doses de opio no fumadeiro...

7.: A linguaxe do espectáculo está feita cos signos da producción imperante que son, á súa vez, a finalidade última de tal producción.

mais tarde co teu fular trazarás unha infinitude de estilos nos que colocar os peiteados das modernas idas da túa mirada.

................................

nesa mesma cidade verticalizada que viu morrer a Lorca, a Celan, a Paund...unha ética.

outra vez as voces sobre HIROSHIMA.

................................

ESCOLIO.:

Se Marx "puxera sobre os seus pés" a idea hegeliana de enaxenación ao mostrar que a súa base material era a explotación económica dos traballadores, Debord, que vive na Francia da posguerra o florecemento da sociedade de masas e a industria do ocio asociada á economía da abundancia, a progresiva penetración do chamado "american way of life" e a xeración dos medios de comunicación audiovisual, enfoca as súas análises hacia un xeito de alienación dos traballadores que xa non se centra na explotación durante o tempo de traballo (tempo que, efectivamente, tende a diminuír), senón que coloniza o ocio aparentemente liberado da producción industrial e imponse como obxectivo a expropiación do TEMPO TOTAL DA VIDA dos homes e mulleres, do cal o mercado internacional do capital extrae agora novas plusvalías, e que impón a xeración de todo un "pseudotraballo" (o sector terciario ou de servicios)para alimentar o "pseudocio" do proletariado convertido en masa de consumidores pasivos e satisfeitos, en agregado de ESPECTADORES que asisten á súa propia enaxenación sen opoñer resistencia ningunha.

...ESES ESPACIOS TAN CÁLIDOS ONDE A XENTE É TAN EDUCADA...
Escribiu: Zort ás 03:38:24