Venres 14 de Maio do 2010

Historias 5 . Que é para os mortos a diferenza.


Que é para os mortos a diferenza.

Entón se para para *s zombis e incluso para *s vampir*s, vamos para os espíritos en sigular – plural, non hai tempo lineal, tal e como o tenden a medir parte considerada aquí dos humanos máis retra(t)(s)ados.
Ese do pensamento dado pola proliferación de outros extra-vagantes, inclusivamente “raros” que da na fala. Por onde escampa? Pregunto, por onde fuga a historia ós outra vez viventes? E incluso ós que nada falan?

ó tempo
adiantouse a tartaruga a lle preguntar a lebre
ó tempo
adiantouse a lebre a lle preguntar a tartaruga
ó tempo
a ouriza non paraba de repetir estou aqui! estou aquí!
ó tempo, dixeron as tres de vez por todas partes,que é o que ven na historia que contan nos intermedios, entre o lavado do cabelo e o corte das carnes?

Noticia, as historias sempre poderían ser contos entre perruquerías.
Casi – noticia, A (H)istoria podería logo asi producir un gran rizoma con cada gran perruquería?
Noticia, as tres amigas saben ben a importancia do por-vi(v)ir.

Nota 1a, escribe a ouriza ( pola rápida propagación do corpo da tartaruga e da lebre no estad(i)o onde se dan as preguntas, Ariel (a ouriza) sempre pensou as veces a aquelas como unha exhalación, como un neuma, como unha escritura de moi lixeira complexión grafometrica.
En definitiva corpos trans cuxa des-aceleración particular a entendía ela as veces diferencial e infinita, polo que esta (Ariel) procuraba non alterar a súa vez o sentido no que caia a súa propia mobilidade, que como veremos atendía a outras velocidades non por iso menos aceleradas e singularmente diferenciais e infinitas.
A máis disto dáballe tempo de declinar a partires das diferentes polaroids que dun instante a outro lles ía tirando o alcance da lei que de tempo a tempo caia sobre os seus corpos.

Nota 1b, escribe a tartaruga ( pola rápida propagación do corpo da lebre e mais da ouriza no estad(i)o onde se dan as preguntas, Ariel (a tartaruga) sempre pensou a aquelas productoras dunha exhalación, dun neuma, dunha escritura de moi lixeira complexión grafometrica.
En definitiva corpos trans cuxa aceleración particular a entendía ela diferencial e infinita, polo que esta (Ariel) procuraba non alterar a súa vez o sentido no que caia a súa propia mobilidade, que como veremos atendía a outras velocidades non por iso menos aceleradas e particularmente diferenciais e infinitas.
A máis diso tiña ela a tartaruga de meditar no taller onde camiñaban as amigas. a partires das direferentes polaroids que dun instante a outro lles ía tirando, o alcance da lei que de tempo a tempo caia sobre os seus corpos.

Nota 1c, no mesmo campo de campos de taller de acción, escribe a lebre ( pola veloz propagación do corpo de Ariel no estad(i)o onde se dan as preguntas, Ariel (a lebre) sempre pensou a aquelas como unha exhalación, como un neuma, como unha escritura de moi lixeira complexión grafometrica.
En definitiva uns corpos trans cuxas desaceleracións particulares as entendía a lebre diferenciais e infinitas, polo que esta procuraba non alterar a súa vez o sentido no que caia a súa propia mobilidade, que como veremos atendía a outras velocidades non por iso menos aceleradas e singularmente diferenciais e infinitas.
A máis diso ela prefería declinar a partires das direferentes polaroids que dun instante a outro lles ía tirando, o alcance da lei que de tempo a tempo caia sobre os seus corpos. Esto de maneira desbordada cando visitaba ou recibía vistia.

Noticia:
O que chama por nos do conto e a lei que veu pasando de man en man e de pe en pe, e de pezoña en pezoña, e de aleta en aleta. Esta, a lei fala logo do logo(s) dun paradoxo, (dunha deriva, dun vagabundeo das letras, ó tempo que dun vagabundeo do son ó dicirmos as letras) dunha aparencial que interna o paradoxo non no real, se non no como do que cando recibimos a partir da linguaxe o feito dunha diferenza.

Aclaracións:
este texto foi pensado por San Sebastián xusto antes de que o seu corpo mutase en ferramenta bélica

Sobre a diferenza:
unha diferenza producida no taller do mundo polos heteroxéneos que a DISFRUTAN
A cada quen a súa pezoña a súa aleta a súa manía a súas pulsións.
Mais para todos tamén o amor que fala do singular – plural do conto: a potencialidade de disparar sobre aut*r* e moito mellor a posibilidade de disparar se é o caso contra da ideoloxía que lle fai a cama.

Por que en razón a ouriza e a lebre e a tartaruga rizoman co salto e co regreso sobre o tempo e ca súa im-posible repetición, por que en razón no xogo que xogamos; as moitas poñen en escea a diferenza. Pois saltar e chegar chegan a tempo repetidamente.

escribe Sam Sebastián C´E BISOGNO DI SINISTRA
Escribiu: Elisa ás 04:37:57