Sábado 26 de Xuño do 2010

O pracer do texto é ese momento no que o meu corpo comeza a seguir as súas propias ideas – pois meu corpo non ten as mesmas ideas que eu.


Escribiu: Elisa ás 04:56:47

Xoves 03 de Xuño do 2010

PALESTINA


con Edward W.Said.


O rapaz dixo: - Levamos lume e leña. Pero, ¿onde está
o año para o sacrificio?

De Moby Dick: ¡Chámademe Ismael¡


PALESTINA

.............................................

antes de que jesús marchase para a mongolia, traballaba
no proxecto de vivir nos territorios ocupados,
producir enunciados a partir de aí, desa vivencia que
por fin completaría iván.............unha guerra de
guerrillas..........................................

.......................................

é que o indignado cómputo de palabras
xa foi empaquetado,
encadrado, marcado a prezo de consumo
e xa nin sequera conta o que dicimos

........................................

sermos chaves
de oliveira

.........................................

sermos só dúas palabras
PALESTINA vence
seguro

........................................

así que eu tiraba do champaña do frigorifico e
agasallaba a jesús antes de que marchase,
e seguimos a ver a neve, a cousa aquela que enfriaba os planos,
que os desterritorializaba......................

........................................

contra esa maldita natureza, constituída por átomos
que choven tranquilos e repetitivos (sempre
acompañados, non obstante, da policía) -xa sexa diviña
ou humana, clerical ou laica-)... ata que unha forza
poética, un "clinamen" de multitudes singularísimas en
singularísima revolta, con actos poéticos, o rompe
todo, e transforma esa caída dos átomos nun acto de
amor............de poiesis colectiva........
vida - incorporación - traballo

...........................................

entre outras aventuras levadas a cabo por elvira aquel
último mes do ano 2037 contabilizamos, após dos
rexitros celulares e a inclusión do seu corpo nas
marcacións torturas 354 e 233 levadas a cabo polo
aparello represivo da cidade nova, o adestramento dun
pelotón de
pulgas...............................................

..........................................

jesús ficaba en mongolia, a guerra de guerrillas
estendérase por todo o planisferio...

.........................................

campo de exterminio
cárcere
manicomio
-negociacións de paz-

.......................................

BCDF
GHJ
MOQR
STXVZ

...........................................

en Bagdad-Vietnan, nas enmoquetadas serras afganas,
nas costas de Galicia, en Palestina.................

un corazón soña como as árbores soñan:

a seiva, o esquío ignoran o que eu coñezo: que o
bosque medra sobre os entullos dunha cidade
arrasada...

............................................

entón é cando decides ir vivir á cidade
Cremaster.......

.............................................

e vivir no sentido das dúas palabras dadas por antón
aquela tarde en Compostela

PALESTINA

vence

seguro.

..................................................................................................

Este post foi publicado xa aquí na bitácora escarlata por Zort o xoves 25 de marzo do ano 2004, as cousas van peor, pero seguimos co corazón indemne.
Escribiu: Elisa ás 04:37:59