Xoves 15 de Xullo do 2010

Historias 6 historia de xiana e de xose carlos
historia de xiana e de xose carlos

un outro que chega no trato que trae a noticia de Xiana.

Esta vez e por fin, tiña ideado calar e quizás por calar non agradecer determinadas vontades de pensar ó outro.
Mais, o caso, este caso, esa chegada do outro que retrata á amiga.

A primeira noticia que tiven de Xoán Carlos foi unha imaxe, unha escritura, unha mancha de manchas onde el traza un re-trato da súa amiga Xiana, esta, a imaxe (que agora vedes na pantalla) dicía tanto do outro que me levou a pensar no outro que agochaba o retrato.
A pensar a partires dunha amizade o uso dun trazo que emporcalla superficies e que non exclúe se non que leva ó “glorioso” a violencia do mundo.



- Se o miras detidamente e ves os paos que conectan os asuntos, e miras tamén os ocos, e as fendas que os trazos abren na superficie. Podes caer na conta que sempre estas comezando a saber escribir de novo. Por que? Pois porqué pensas os paos e a fenda do trazo que te conecta ó corpo propiamente propio da escritura.

Non, dende o primeiro momento en que miramos Leo e máis eu o debuxo e alí as densidades da ablación do sexo da cadela, sentimos as dúas no levedar das marcas o vir atrevido do trazo ese xesto de articulación preciso entre nós e a escrita que compón as letras, o espazo entre as letras, a palabra e a mancha de texto.

Xosé Carlos introduce ao igual que Celan un xesto que vive na súa producción atento ó peso todo do pensamento que o emporcalla. O propio na deconstrucción que opera é un outro emporcallado.
O outro que de vez o emporcalla a el, é un outro colectivo, potencialmente comunista, marica, ate+, galleg+, negr+, obreir+ (porque pensamos tamén as letras e os paos que fan determinantes as letras ca mesma potencialidade que os corpos maricas, comunistas, ate+s, galleg+s, negr+s, enferm+s) potencialidade do trazo, marca que por comunitaria excede o posible. O posible dunha escrita, dun(ha)tipo-grafia onde o outro cando menos non é disolto, acubillado, torturado por unha lei que sempre di a identidade fora dos paos tortos e gloriosamente EMPORCALLADOS de realidade.

Soportes depósitos superficies textos mapas diagramas corpos

Eses desprazamentos dos que falas sensorialmente socialmente economicamente politicamente. Esas interrupcións dos fluxos, dos soportes de escritura mais tamén esa permeabilidade esa porosidade das superficies, esa dozura da deriva das augas sobre os corpos e dos corpos que bailan sobre a area das praias. Outra vez corpos nos corpos... Esa saúde.

Bar La flor

Mais, esta composición, este estar, este ser que tanto acorda as velocidades cas que traballa o cómico, el corporalmente no bar La flor. Pero que tanto acorda tamén a quietude atenta do campesiño e do estudioso do mundo.
O tipo que dinos do transvase, do ir do outro ó outro.
Do arco que recibe as letras para mostrar os enunciados.
Esta irmandade que iguala o soporte e a enunciación.
Mais, outra vez o levedar dos moitos outros que nós acompañan e fan que o que excede ó posible veña. Por que son os moitos outros os que a min me dotan da situación por que me falan, por que me tratan e neste caso me re-tratan dende a amizade.

Visita ao Panteón Tipográfico

«Escribo porque eles [os seus pais, mortos na segunda guerra mundial] deixaron en min a súa marca indelébel cuxo trazo está na escritura; a escritura é o recordo da súa morte e a afirmación da miña vida». Georges Perec

X. CARLOS HIDALGO

Percorrerase este espazo onde se depositan anacos da historia da escritura formal –da tipografía pero tamén e inevitabelmente da caligrafía e da rotulación– para explorar o trazo, ese xesto de articulación preciso entre nós e a escrita que compón as letras, o espazo entre as letras, a palabra e a mancha de texto. Á saída, tentarase pensar os sistemas de escritura artificial como instrumentos de normalización mais tamén de fendido.
Escribiu: Elisa ás 05:03:11