Martes 20 de Xullo do 2010
Historias 7. a revolución vive nas prolongacións diarias das liñas de universo
A canción da carreta, Sande e a proliferación do bufón ó longo da idea
a revolución vive nas prolongacións diarias das liñas de universo.
Pero o día a día impon a pregunta: POR QUE SE DE-PORTA A UN PALLASO?
Entón será a viaxe, o carrete é os moitos desbordamentos da idea que portan o que lle de corpo ó propio das viaxeiras.
Así a carreta dos cómicos non trata de que veña o ACONTECEMENTO
a victoria final.
Pois aquel o ACONTECEMENTO, xa eles o saben, é a propia carreta onde os moitos calquera van xuntos.
Non disimula o bufón na lectura que tira da revolta, da farsa e da frustracións, da ruptura da orde histórica cando da a cara contra un inimigo sempre interesado na finalidade da Historia como repetición do comezo.
Entón o que vai cando a escritura e os modelos de narración e os dispositivos formais e as traxectoria singulares carreta o sentido a vez que o paradoxo dos corpos ciscados sobre a superficie lixeira da terra.
Cando se ten estudiado a historia, un séntese “feliz, por oposición ós metafísicos, de levar nun si mesmo non unha alma inmortal, se non moitas almas mortais”
Mais a que vive atento este estudio.
Diranos a operaria da fabrica téxtil
- Ás marcas que desenrolan na viaxe as rodas infinitas das liñas de universo, a loita diaria da loita final, finalidade sen fin nun exercicio emancipado e revolucionario onde o outro que somos da voltas no corpo da idea guiado pola intelixencia da imaxinación que humorea.
Diranos o bufón.
Pola contra as novas formas de escatoloxía constituídas a través das disonancias arte-política e a confrontación indisimulada entre o culto e o popular, fálannos dun interese político que xace nunha ideoloxía que non intervén se non é para a perpetuación das relacións amo / escravo.
Esta non só introducen nos corpos de producción a xerarquización que dende lonxe implica a división do traballo se non que tamén exerce sobre os mesmos corpos que altera con respecto as relacións de vida cos outros e con eles mesmos - unha superestructura xenocida onde acaen as divisións estanco culto / popular - arte / política -nun xesto que introduce non xa unha violencia brutal sobre os nosos corpos se non tamén un interese que trata de arraigar en nós ideas racistas, xenófobas, homofobas e clasistas.
Nese NÓS propio do eu que circula a penas estrañado do MUNDO.
Operación interesada en restar potencia as desterritorializacións que a caravana das carretas lanza sobre a propiedade privada e claro sobre a inviolabilidade da lei que sobre todas as cousas ampara a aquela.
Falase aquí dunha intención de feche, de subxección sobre o corpo enúnciate.
Mais, sabemos que esta a intención do CAPITAL non deixa de ser unha intención, a súa intención.
Fronte a esta a loita final, os corpos no mediodía da terra. E neste a idea, a carreta. O ceos que o facer rizoma ca terra trazan un fondo vermello.
En todo caso a guerra das mercadorías é a súa guerra, a súa neurose, a súa aberración.
Nós
resistimos e pensamos aquela aberración pois a día de hoxe a carreta, a casa das atochas vese trans – tornada a un campo sementado de minas.
Sabemos das disxuncións do tempo e ai regula unha memoria fértil que axunta aboas con netos ó través de HIJOS e que trae un espectro múltiple pois múltiples son os asasinados.
Este espectro, esta LIÑA DE UNIVERSO COLECTIVA diremos é en fin a función n-1 da carreta. A singularidade dunha autonomía do común
por onde camiña a viaxe do comediante.
JOSÉ MANUEL SANDE 29 / 04 / 2010A viaxe do comediante
As novas formas de escatoloxía constituídas a través das disonancias arte-política e a confrontación indisimulada entre o culto e o popular. Lecturas, revoltas, farsas e frustracións, activacións da memoria e rupturas da orde histórica, unha análise-recorrido por modelos de narración, dispositivos formais e traxectorias singulares. Selección dunha escolma de intres (escrituras fílmicas e/ou literarias, fragmentos musicais, elementos sensoriais) que arbitran -á procura dunha victoria final?- o conflicto entre o lúdico e o solemne.
Escribiu: Elisa ás 03:06:18
