Venres 23 de Xullo do 2010
Historias 8. TESES PARA UNHA LECTURA PUNK DA SITUACIÓN ACTUAL DA LOITA DIARIA DA LOITA FINAL MÁIS UNHA CANCION DE AMOR
Unha tarde faloume Begoña:
- sabes estou a escoitar discos do Neil Young, e sabes penso que debo aprender a cantar.
PANKARTA BRECHT.:
“NON CONECTAR CO BON TEMPO PASADO,
SENON CO MAL TEMPO PRESENTE”
TESES PARA UNHA LECTURA PUNK DA SITUACIÓN ACTUAL DA LOITA DIARIA DA LOITA FINAL MÁIS UNHA CANCION DE AMOR
onde colocar o tocadiscos
os desbordamentos sinápticos da kabezota do leo
o sofá o bar a diskoteka
1. o punk es ti.
2. unha inversión dos ritmos
3. unha de (s) (cons) trucción do condicionamento existente
4. a caosmosis cando me falas do funcionamento do nervio ótico e o cruce do quiasma
5. o punk son as orellas dos burros
as situacións dos suxeitos parlantes
as leis do mercado
a roupa sen lavar
6. as hortas que resisten nos arredores de Mátama e as mans que as sosteñen e toda esa terra neghra que emporcalla a lei capitalista e burguesa que espectaculariza as mercadorías
7. unha necesidade soñada socialmente
8. as greves da fame cada pouco día - día tras día ata a canción pan! pam!! punk!!!
9. todos e cada un dos versos do reclamo a liberdade pró o meu pobo
as cores
as frases comúns
os días os saúdos e as carpas dos cirkos
10. o punk é un acontecemento.
11. un socialismo UNHA INTERNACIONAL
cando pensas nalgúns animais que deixan o seu rastro ó pasar pola beira rúa pensas nos caracois e tamén e tamén e tamén nos calamares. O punk é unha marca unha agrupación de caracaois de calamares.
12. unha revolución
13. unha prolongación diaria da liña de universo colectiva
14. un estado de excepción solidario dos outros asasinados
teño un camarada que escrive “non mil primaveras se non mil vienans”
15. poder facer o tonto ou a tonta con alguén, e que ise alguén saiba que estas a facer o tonto ou a tonta
16. a trompeta do elefante...”
MOITAS LAURAS CANTANDO O ORTIGHEMONOS TODAS É A LOITA FINAL
bio-transportados polos nosos corpos
polas nosas condicións materiais vida
pola excelencia das nosas zapatillas
ISO CHÚPALLE AS DESORDES A CARNE DOS ESPAGUETES
CACHUCHA DE PORKO MOTOR LOVE
Adolfo dunha volta estiven na túa casa.
Dunha volta estiven na túa casa, Adolfo. Nos quince minutos que tardamos en chegar, en coche, dende o portón á vivenda, Adolfo, deume tempo de pensar. Comparaba as hectáreas do teu predio co metro cadrado dos talleres en que Miñanai traballaba para ti. Adolfo.
PANKARTA BRECHT.:
“DE TÓDOLOS XEITOS, A LOITA DE CLASES EN LUGAR DUN TRAIDOR, UN DECADENTE O UN MALVADO”
Adolfo pan! pam!! punk!!!

LEOARREMECÁGHONA06/05/2010Pan!,pam!!,punk!!!
O punk non é un estilo. Non é unha música, unha roupa, uns textos. O punk é unha actitude e a última das vangardas do século XX, herdeira de dadá e os situacionistas, como escribe Greil Marcus. O punk transfórmase e rebenta en moito máis de sete estralos. Dálle a volta á tortilla da arte subida ao trono, para as elites. A arte é un tesouro que nos foi roubado. Non é dedicarlle a vida á arte, senón que a arte nos faga libres. A poesía non é de quen a escribe, senón de quen a goza. O punk rock repártelle kalashnikovs ao pobo en forma de guitarras eléctricas. A Internet é o último chanzo da revolución punk, que comezou cando Duchamp lle deu a volta a un mexadoiro e lle chamou Fonte.
Escribiu: Elisa ás 04:09:12
