Poderíades enunciar o cántico máis soporífero na terra | que xamáis se puidera emular | e eu seguiría vivo como a lus do candil que non apaga | poderíades farmacoloxear os ríos e pantanos que transito nas noites | e sempre voltaría a erguerme para aínda con bó humor saudar a chuvia | poderíades apagar por momentos (como así o facedes) o sol | que eu prendería un cigarro máis, en min viveza, sendo xa cancro de nacemento. | estas e outras mortuorias deliberacións poderíades verter hacia min | que eu nacín para estar vivo e non deliberadamente morto | gracias ao amor pola vida e por ti dende logo meu amor. | MINUS BÁLIDO