

o inverno era escuro na friaxe do serán | a penas unha esperanza intanxíbel aflorando dun sorriso ausente | e unha ollada fixa nas pegadas | impresas no manto agradecido da memoria | quixo ver da morte o máis ala | termando dos golpes da man de ferro sobre as costas | e viu ao instante chover as moedas que outros tiñan | caer sobre as feridas do moribundo | e sustentado só pola firmeza dos seus folgos | resistiu a implacábel dor | cun sorriso ausente | afincado no rostro | e a vontade | apertando fortemente os puños enloitados polo sangue dos caídos | que non verán como rexurde o verdeazulado | na xélida marea da estirpe | despois da destrucción | Alberte Momán