Onde non acontece || Esquezamos eses homes que estouparon | en mil anacos, | ese neno tremoroso baixo o brazo morto | de seu pai, | os ollos inservibles ante o xemer gris-morto | das balas. | Esquezámo-la ferida da terra, | o neno que non chora, | a noite atravesada por un berro. | Esquezamos á nai morta, | o amencer que non veremos. | Esquezámo-la gorxa sen alimento, | as moscas, as ratas, | os vertedoiros de lixo, as escolas. | Esquezámo-la boca sen dentes, | o aire pechado coma cemento, | a rabia, | os pés para que vos quero, a casa, | o camiño da infancia, a patria, a terra, | o non saber ata cando, o medo a durmir, | os cartóns, | o Nadal sen luces, os misiles, a ignorancia, | o pó do camiño, | o frío, | os buratos, | o regreso. | Esquezamos, | porque o olvido é o lugar | onde non acontece. | Esquezamos que cada día ó espertar | Os nosos pés érguense | sobre un millón de mortos |